ASPAS conta cun equipo profesional formado por máis de 100 persoas que desenvolven os servizos e programas de apoio.
Traballamos de forma coordinada para ofrecer unha atención integral, de calidade e centrada nas persoas e nas súas familias.
Profesionais comprometidos coa inclusión, o benestar e o desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual.
Equipo multidisciplinar que combina experiencia, formación e vocación de servizo.
A xerencia coordina e xestiona os recursos e os equipos para garantir a calidade, a eficiencia e a sustentabilidade de todos os servizos da entidade.
Psicoloxía · Traballo social · Terapia ocupacional · Fisioterapia · Logopedia
Coidadores/as en residencia, centro de día e vivendas comunitarias.
Centro ocupacional · Centro de día (UAP) · Vivendas comunitarias · Centro residencial
Administración · Calidade · Mantemento · Cociña · Limpeza
Coordinación e monitores de ocio e deporte · Voluntariado
Podes consultar o organigrama completo da entidade e coñecer os perfís profesionais de cada área.