Situada en Laraño, a Residencia Juan Vidán Torres presta apoio a 35 persoas con necesidades de apoio extensas ou xeneralizadas.
As persoas residentes reciben atención e apoios para o mantemento das habilidades básicas da vida diaria, proporcionando actividades estruturadas de desenvolvemento persoal, social, ocupacional e/ou terapéutico os 365 días ao ano.

Centro concertado coa Xunta de Galicia, integrado no Sistema Público Galego de Servizos Sociais. As prazas están financiadas, autorizadas e supervisadas pola Administración pública, garantindo o acceso, a calidade e a continuidade dos apoios ao longo da vida das persoas.

Atención personalizada e continua para cubrir todas as necesidades da vida diaria.

Apoios e actividades estruturadas os 365 días do ano para promover o benestar e a calidade de vida.

Fomentamos o desenvolvemento persoal, social, ocupacional e terapéutico.

Un fogar adaptado, accesible e seguro onde cada persoa se sente escoitada e acompañada.

Promovemos a participación activa e a autonomía para que cada persoa sexa protagonista da súa vida.